Itinerario de arte dixital na rúa

Accede a partir do 30 de maio

Datas: 30 de maio - 29 de xuño

Lugar: Barrios de San Pedro e Almáciga, Santiago de Compostela

Horario: libre, visita autoguiada (recomendable con luz do día)

Duración: ~25-50 minutos

Gratis


ARRUAR é un itinerario de arte dixital na rúa que permite desfrutar da arte urbana sen necesidade de instalacións físicas, a través da Realidade Aumentada.

O itinerario

A primeira edición de ARRUAR está nos barrios de San Pedro e Almáciga de Santiago de Compostela. Para visitala, accede ao itinerario dende arruar.gal co teu móbil, permite o uso da cámara e segue as indicacións do percorrido.

O itinerario inclúe 11 obras de muralistas e ilustradoras. As obras distribúense por diferentes puntos do barrio, que poderás coñecer de forma precisa ao acceder á visita autoguiada. As localizacións inclúen: Centro Xove da Almáciga, Rúa Betanzos, Praza do Cruceiro de San Pedro, Rúa do Rosario/Rúa do Medio, Rúa de San Pedro, Praza 8M e Parque de Bonaval (tralo CGAC).

Visita a exposición ao teu ritmo, ARRUAR levarache entre 25 e 50 minutos.

Accede dende os botóns desta páxina ou dende os QR dispoñibles que atoparás na Oficina Rúa (Rúa de San Pedro, 52) e no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.

Interactúa

A Realidade Aumentada fai que vexas as obras de arte do itinerario superpostas no espazo real da cidade para o que foron deseñadas. Podes posar coas obras coma se estivesen alí mesmo e sacar capturas de pantalla.

Animámosche a ARRUAR de xeito creativo e compartir as túas interaccións. Menciona no Instagram a @despunte.makers.

Artistas

As Paxaras

Colectivo formado polas artistas Eva Agra e Marina Álvarez.

As Paxaras combinan ilustración, deseño gráfico e educación nos seus proxectos. Buscan formar redes nas que a creación artística xere un impacto positivo na comunidade.

Cestola na Cachola

Colectivo formado por Xoana Almar e Miguel Peralta.

Cooperativa con 12 anos de traxectoria no mundo do muralismo, pintura e ilustración. Traballan sobre todo obra figurativa, ca figura humana como protagonista. Cestola na Cachola pertence a Oficina Rúa.

Novenoel

Novenoel é artista, ilustrador e muralista. Traballa no eido da imaxe gráfica e a pintura mural dende o 2009. Inspírase na narrativa secuencial e a arte popular. Noel pertence a Oficina Rúa.

Verdello

Verdello é o proxecto de ilustración de Sara Carballo, arqueóloga e ilustradora patrimonial. Realiza proxectos de ilustración artística, de patrimonio histórico e Live Art (acuarela en vivo para vodas).

Colaboradores

Colaboran na difusión de ARRUAR:

Oficina Rúa

Establecemento na Rúa de San Pedro, 52 levado por Cestola na Cachola e Novenoel. Nel amosan a súa obra gráfica: pintura, ilustración e muralismo.

Entra no seu local e coñece a algunhas das artistas participantes neste proxecto e a súa obra.

Centro Xove de Creación Cultural

Centro de proximidade para a mocidade, impulsado polo Concello de Santiago de Compostela. Ofrece formacións, eventos culturais, locais de ensaio e estudo de gravación para as bandas residentes.

Pásate a visitalo. O Centro Xove é un espazo cheo de actividades para a mocidade.

Festas do Barrio de San Pedro

Organización das Festas do Barrio de San Pedro, tódolos anos en xuño, promovidas por veciñanza.

Na semana das festas incorporaremos obras especiais ao itinerario.

Eventos

Ademais do percorrido autoguiado, convidámosvos aos próximos eventos en xuño:

Venres 13 de xuño ás 19:30 - Evento de presentación en Oficina Rúa

Sábado 21 de xuño ás 12:30 - "Sesión vermú" con concerto no Centro Xove da Almáciga

Mércores 25 de xuño ás 18:00 - Visita guiada no programa das Festas do Barrio de San Pedro. Máis info próximamente.

Ven tomar algo e coñecer ás artistas participantes. Agardámoste!